Santiago é a cidade galega con menor rentabilidade no mercado de alugueiro segundo a Asociación Galega de Inmobiliarias | Observatorio de Vivenda

Santiago é a cidade galega con menor rentabilidade no mercado de alugueiro segundo a Asociación Galega de Inmobiliarias

Santiago é a cidade galega con menor rentabilidade no mercado de alugueiro segundo a Asociación Galega de Inmobiliarias

Segundo o informe elaborado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin) a través dos anuncios de alugueiros dos portais Fotocasa e Idealista, a rentabilidade media do alugueiro en Santiago de Compostela corresponde actualmente ao 4,5%, a menor de tódalas cidades galegas. O incremento nos costes por metro cadrado, que sitúase actualmente en torno a 2.000€, reduce os beneficios que obteñen os propietarios ao alugar a vivenda, o que obriga a estes a aumentar os prezos de alugueiro.

En contraposición a Santiago, os municipios galegos con maior rentabilidade no mercado do alugueiro son Ferrol e Narón, cun 7,6%, Sanxenxo cun 6,6%, Lugo co 6,3% e Vilagarcía de Arousa, co 6,1%. O resto de grandes cidades atópase máis preto de Santiago, en concreto, Ourense contabiliza unha rentabilidade media do 5,4%, Pontevedra do 5%, Vigo do 4,9%, e A Coruña do 4,6%. 

Esta situación de altos prezos e baixa rentabilidade, segundo Agalin, axuda a que moitas vivendas destinadas ao alugueiro tradicional póñanse en alugueiro turístico, co obxectivo de rentabilizar máis o investimento e obter maiores beneficios. Isto provoca que aumente a demanda de compravenda de vivenda para destinalas a Vivendas de Uso Turístico, polo que os prezos de compravenda de inmobles suben, e fai que, proporcionalmente, o rendemento do alugueiro tradicional diminúa máis.

Fonte.- La Voz de Galicia