Segundo Clikalia, o porcentaxe de persoas que cumpren os requisitos para pedir un préstamo baixa un 34% | Observatorio de Vivenda

Segundo Clikalia, o porcentaxe de persoas que cumpren os requisitos para pedir un préstamo baixa un 34%

Segundo Clikalia, o porcentaxe de persoas que cumpren os requisitos para pedir un préstamo baixa un 34%

Como consecuencia da escalada dos tipos de interese e o consecuente encarecemento hipotecario, ademáis dos problemas aos que se ven sometidas as familias que teñen préstamos variables, o porcentaxe de poboación que cumpre os criterios de solvencia para poder acceder a un préstamo hipotecario reduciuse. Un estudo da plataforma tecnolóxica inmobiliaria Clikalia calcula un descenso de máis do 30% nesta característica. Este informe realizouse con datos propios da plataforma, así como outros do INE, o Ministerio de Vivenda e o Banco de España. 

Entre finais de 2021 e principios de 2022, era un 73% da poboación con ingresos que podía acceder a un crédito hipotecario sen sobrepasar os umbrais de esforzo esixidos polos bancos (a taxa de esforzo está no 30% dos ingresos do fogar). Actualmente, esta cifra situaríase en torno ao 39%, acumulando un descenso do 34% en menos de dous anos. Nos dous mercados nacionais máis grandes, o informe sinala que tan só un 18% dos habitantes de Barcelona poden permitirse acceder a un préstamo, mentres que en Madrid serían un 25% da poboación. 

O estudo destaca que a subida de tipos endureceu as condicións de accesibilidade ao crédito e considera que este feito, xunto co clima de incertidume ante maiores incrementos futuros, freou as transaccións e as concesións de hipotecas durante 2023. Informa tamén que as persoas que piden un crédito actualmente tenden a pedir menos cantidade. O ratio entre o volume da hipoteca e o valor da casa baixou do 65,2% ao 62,2% nos últimos 16 meses. Os autores do informe explican esta situación afirmando que os prestatarios buscan préstamos máis pequenos para minimizar a súa exposición aos altos costes de financiación.

Fonte.- El País