Segundo Fotocasa, o prezo do alugueiro en Canarias aumenta un 13,6% | Observatorio de Vivenda

Segundo Fotocasa, o prezo do alugueiro en Canarias aumenta un 13,6%

Segundo Fotocasa, o prezo do alugueiro en Canarias aumenta un 13,6%

O prezo da vivenda en alugueiro nas Illas Canarias aumentou un 13,6% en 2023 con respecto ao ano anterior, segundo os datos de Fotocasa, que recolle tamén que o crecemento anual en España foi do 5,7%. A tendencia segundo os expertos inmobiliarios non só é que non se freará a subida, se non que se incrementarían os prezos da vivenda de forma considerable tanto en alugueiro como en compra durante 2024. Unha das circunstancias que poderían explicar esta situación é o aumento das vivendas de uso vacacional, que reducen a oferta de pisos en alugueiro. 

Por outro lado, segundo un estudo publicado por Idealista, os fogares da provincia das Palmas e de Santa Cruz de Tenerife esixiron un esforzo familiar do 37% e 35%, respectivamente, no cuarto trimestre de 2023 para alugar unha vivenda. No caso de compra de inmobles, na provincia de Santa Cruz de Tenerife creceu nove puntos o esforzo que realizar para adquirir unha vivenda con respecto ao mesmo período do ano anterior, chegando na actualidade a dedicar o 35% dos ingresos familiares, mentres que na das Palmas baixa a un 25%.

A porcentaxe dos ingresos do fogar necesario para acceder a unha vivenda creceu ata o 22% no caso da compra e ata o 33% no caso do alugueiro no cuarto trimestre de 2023, o que supón catro e tres puntos máis que no mesmo trimestre de 2022, respectivamente.

Fonte.- Onda Cero