Segundo ING, os prezos da vivenda en España subirían un 3%, e os da eurozona baixarían un 3,5% | Observatorio de Vivenda

Segundo ING, os prezos da vivenda en España subirían un 3%, e os da eurozona baixarían un 3,5%

Segundo ING, os prezos da vivenda en España subirían un 3%, e os da eurozona baixarían un 3,5%

A flexibilización da política monetaria do BCE mediante a variación dos tipos de interese influirá na traxectoria dos prezos da vivenda, e raíz disto, as previsións apuntan a que, en 2024, estes prezos subirían un 3% en España, pero baixarían un 3,5% na eurozona. Os expertos de ING destacan que a pesar da forte subida dos tipos de interese e a desaceleración económica, os prezos en España están demostando fortaleza. Varios factores que impulsaron o crecemento o ano pasado se desacelerarían agora que o efecto de recuperación disipouse, incluído o debilitamento gradual dos aumentos de prezos das vivendas de nova construción e a demanda menos forte por parte das vivendas compradas polos estranxeiros. 

Ademáis, a accesibilidade para quenes compran unha vivenda por primeira vez seguirá sometida a unha forte presión, o que frenaría novas subidas nos prezos, posto que, segundo afirman os expertos, aínda que as tasas de interese cairon na última parte do ano 2023, a accesibilidade á vivenda segue sendo peor que fai varios anos. Outro factor importante en canto ós prezos da vivenda nos próximos anos, será o maior crecemento da demanda, que exercería unha presión alcista sobre os prezos. 

No caso da eurozona, as previsións son un pouco distintas. En 2023 a caída nos prezos foi de aproximadamente o 2%, e en 2024 seguirían caendo, en concreto preto do 3,5%, pero cun aumento interanual durante os tres primeiros trimestres do ano. A traxectoria dos prezos da vivenda na zona euro verase marcada claramente polo momento no que o BCE decida reducir os tipos de interese, e ata ese momento os prezos seguirían baixando na eurozona. 

Fonte.- Bolsamania