Segundo Nationwide, os prezos da vivenda en Reino Unido seguirían baixando en 2024 | Observatorio de Vivenda

Segundo Nationwide, os prezos da vivenda en Reino Unido seguirían baixando en 2024

Segundo Nationwide, os prezos da vivenda en Reino Unido seguirían baixando en 2024

No ano 2023 os prezos da vivenda en Reino Unido descenderon un 1,8% ao longo do ano, segundo os datos do prestamista hipotecario Nationwide, que prevé unha situación similar para 2024. No último bimestre do ano os precios mantivéronse relativamente planos, situándose un 4,5% por debaixo dos máximos alcanzados en verán do 2022. Esta situación derivou do aumento dos tipos de interese ata un 5,25% polo Banco de Inglaterra, o que supuxo unha cifra record nos últimos 15 anos, e provocou un forte impacto nos costes hipotecarios nos posibles compradores. Dentro do territorio do Reino Unido, as únicas zonas nas que se elevaron os prezos foron Escocia e Irlanda do Norte, mentres que ao longo de Inglaterra diminuíron ao redor dun 2,9% interanual, con especial impacto nas rexións do sur do pais británico.

A pesar destes descensos nos prezos, os compradores dunha primeira vivenda terán que asumir o pago dun depósito que xa alcanza o 105% dos seus ingresos anuais, mentres que a hipoteca suporía mensualmente o 38% dos seus ingresos mensuais. Isto provocou que o número de transaccións nas que o comprador solicita unha hipoteca nos último seis meses sexa cinco veces menor que antes da pandemia. Precisamente o aumento na demanda por parte de compradores que pagan en man limitou a caída nos prezos.

A estabilización dos custos en decembro, posteriormente a unha lixeira subida nos meses anteriores, parece indicar que haberá un freo na caída dos prezos. Os expertos prevén que o Banco de Inglaterra comece próximamente a rebaixar os tipos hipotecarios, algo que alentou a algúns potenciais compradores. Sen embargo, os expertos afirman que é improbable que se produza unha recuperación rápida da actividade, senón que se prevé que os prezos se manteñan planos ou mesmo caian sobre un 2% ao longo de 2024.

Fonte.- Idealista