Segundo o análise de Financial Times, os prezos da vivenda recupéranse da caída xeral | Observatorio de Vivenda

Segundo o análise de Financial Times, os prezos da vivenda recupéranse da caída xeral

Segundo o análise de Financial Times, os prezos da vivenda recupéranse da caída xeral

A caída xeneralizada dos prezos da vivenda que afectou nos últimos tempos ás economías avanzadas desvaneceuse en gran medida, segundo o análise de expertos de Financial Times e a partir dos datos da OCDE. Os expertos economistas consultados estiman que a maior crise inmobiliaria nunha década chegou a un punto de inflexión. En 37 países da OCDE os prezos nominais da vivenda creceron un 2,1% no terceiro trimestre de 2023, fronte ao estancamento vivido a principios do ano pasado.

Segundo este análise, tan só un terzo dos países analizados rexistraron unha caída intertrimestral dos prezos entre xullo e setembro, fronte a máis da metade de países que sufriron un descenso dos prezos a principios de ano. Isto implicaría que a evolución dos prezos da vivenda notou os efectos consecuentes da decisión da maioría dos bancos centrais de aumentar os tipos de interese para frear a inflación. Sen embargo, é a expectativa de que os bancos centrais recortasen os costes de endeudamento aliviou ou revertiu esta caída. A escaseza de propiedades en venda tamén axudou a apuntalar os prezos reais, que volveron crecer na OCDE, segundo os últimos datos publicados. 

En países como Australia e Nova Zelanda os prezos volveron a crecer segundo os datos nacionais, mentres que en Corea do Sur estabilizáronse despois de tocar mínimos a mediados de 2023. Na Unión Europea aumentaron a un tipo nominal do 0,8%, revertindo a caída observada a principios de ano, segundo os datos de Eurostat. Doutra banda, noutros países fóra da OCDE a situación parece distinta, por exemplo en China, que estivo experimentando unha grave crise inmobiliaria, os pronósticos son que os prezos seguirían caíndo, posto que a demanda de inversión desapareceu en gran medida debido á contracción dos prezos nun 7% nos últimos dous anos.

Fonte.- Idealista