Segundo o Colexio de Rexistradores, a venda de vivendas cae por primeira vez dende a pandemia | Observatorio de Vivenda

Segundo o Colexio de Rexistradores, a venda de vivendas cae por primeira vez dende a pandemia

Segundo o Colexio de Rexistradores, a venda de vivendas cae por primeira vez dende a pandemia

Segundo as cifras de resultados de finais de 2023 publicadas polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España, no pasado exercicio produciuse un novo aumento dos prezos da vivenda, pero esta vez acompañado por un importante axuste do nivel de compravendas, que chegou a descender un 9,8% con respecto ao ano anterior. Trátase da primeira caída do volume total de operacións no conxunto anual dende 2020. O encarecemento da financiamento, a subida do euribor e a liquidación da base de aforros nos anos posteriores á pandemia supoñen obstáculos para a dinamización do sector. 

O ano 2023 pechouse en 583.042 inscricións de compravendas, sempre segundo os datos publicados polo Colexio de Rexistradores. A vivenda usada, pechou con 474.658 operacións, descendendo un 10,7% anual, mentres que a vivenda nova alcanzou a final de ano as 108.384 compravendas, cunha caída inferior, do 5,5%. O prezo medio da vivenda experimentou un incremento anual do 1%, alcanzando un importe medio de 1.963 €/m2, nivel máximo dende 2008. En vivenda nova, o crecemento foi do 3,5%, alcanzando os 2.161 €/m2, mentres que en vivenda usada, o incremento foi do 0,2%, situándose cun prezo medio de 1.917 €/m2. 

Esta tendencia trasladouse ás hipotecas, que pecharon 2023 con 383.738 constituidas, un descenso do 17,2% anual. Esta redución está directamente relacionada coa caída no número de compravendas e os efectos derivados do incremento dos tipos de interese. En tódalas comunidades autónomas rexistráronse descensos, destacando A Rioxa (-36,5%), Cantabria (-21,4%), Galicia (-20,9%) e Aragón (-20,8%). Destaca o feito de que o 7,5% das hipotecas foron constituidas por estranxeiros, cun incremento con respecto ao ano anterior do 6,6%. O prezo medio da hipoteca en España foi de 140.509 €, un descenso do 2,0 %, mentres que a hipoteca media dos estranxeiros foi de 157.637, cun descenso do 7,8%. Doutra banda, o tipo medio de interese foi do 3,3% e o prazo de contratación de 24,5 anos, un 0,3% máis que o ano anterior, mentres que a porcentaxe media da cota hipotecaria sobre o salario alcanzou o 32,2%, sendo superior en Baleares (54,0%), Madrid (39,0%), Canarias (34,1%) e Cataluña (33,3%).

Fonte.- ABC