Segundo o Colexio do Notariado, a venda de vivendas e a sinatura de hipotecas dispáranse en abril | Observatorio de Vivenda

Segundo o Colexio do Notariado, a venda de vivendas e a sinatura de hipotecas dispáranse en abril

Segundo o Colexio do Notariado, a venda de vivendas e a sinatura de hipotecas dispáranse en abril

No mes de abril en España formalizáronse 61.683 compravendas, un 25,2% máis que a cifra do mesmo mes do ano 2023, o que corresponde ademáis ao dato máis alto dende marzo de 2023, e á subida máis pronunciada dende xaneiro de 2022. As hipotecas pola súa banda, aumentan case un 40% no último ano, mentres que o prezo medio da vivenda sobe un 0,5%. Estes resultados forman parte da última publicación de datos do Colexio Xeral do Notariado. 

A estatística notarial amosa que as compravendas de pisos aumentaron un 25,6% interanual en abril, alcanzando as 47.604 unidades, mentres que as unifamiliares incrementáronse un 23,8% interanual, ata chegar ás 14.079 unidades. En xeral, as compravendas aumentaron un 25,2% no último ano. As transaccións tan só baixaron en Baleares (-3,1%), mentres que A Rioxa (51%), Estremadura (48,2%), Castela e León (37,9%), Asturias (37,1%), País Vasco (35,2%), Madrid (30,4%), Andalucía (29,5%), Galicia (29,1%), Canarias (28,9%) e Cantabria (26,2%) creceron máis que a media nacional. As comunidades que creceron, pero por debaixo da media en Murcia (21,6%), Cataluña (19,4%), Navarra (18%), Aragón (17,8%), Comunidade Valenciana (17,7%) e Castela-A Mancha (16,9%).

En canto ás hipotecas, en abril asináronse 30.147 préstamos hipotecarios para a compra de vivenda no país, un 37,8% máis interanual e a cifra máis elevada dende xullo de 2022. Baleares foi a única comunidade autónoma onde caeu a firma de hipotecas, cun descenso do 15,3%. Os comunidades que rexistraron un maior incremento nas hipotecas asinadas foron Castela e León (70,3%), Asturias (56,8%), Estremadura (52,9%), Galicia (46,7%), País Vasco (46,5%), A Rioxa (40,9%), Madrid (40,5%), Cantabria (40,5%), Navarra (39,7%) e Andalucía (39%), todas superando á media nacional. Segundo a estatística, a porcentaxe de compras de vivendas financiadas mediante un préstamo hipotecario situouse no 48,9%. Ademais, neste tipo de compras con financiamento, a contía do préstamo supuxo en media o 71,8% do prezo.

O prezo dos pisos alcanzaron un incremento do 1,4% interanual, ata alcanzar os 1.863 €/m2, mentres que o prezo das vivendas unifamiliares rexistrou unha media de 1.313 €/m2, baixando un 0,7% con respecto ao ano pasado. Un total de 12 comunidades experimentaron un encarecemento no prezo da vivenda, destacando Cantabria (32,6%), Baleares (27,7%) e A Rioxa (22,1%). Doutra banda, os prezos da vivenda rexistraron retrocesos en cinco comunidades: Navarra (-14%), Castela-A Mancha (-6,4%), Aragón (-5,8%), Asturias (-5,5%) e País Vasco (-0,9%).

Fonte.- Idealista