Segundo o Consello da Xuventude de España, os menores de 34 anos deberían cobrar o dobre para poder acceder á compra dunha vivenda | Observatorio de Vivenda

Segundo o Consello da Xuventude de España, os menores de 34 anos deberían cobrar o dobre para poder acceder á compra dunha vivenda

Segundo o Consello da Xuventude de España, os menores de 34 anos deberían cobrar o dobre para poder acceder á compra dunha vivenda

Segundo os últimos datos publicados polo Consello da Xuventude de España, os menores de 34 anos deberían contar cuns ingresos próximos aos 2.000 euros para que o esforzo de acceder a unha vivenda en propiedade non excedese do 30 % do salario. Eses ingresos estimados supoñen o dobre do salario medio real que rexistra o segmento mozo da poboación, ademais do pago do 20 % da vivenda para o acceso. Polo que a nivel estatal pódese apreciarse unha evidente brecha entre o nivel de ingresos da mocidade e as esixencias de acceso á vivenda, que en parte explican as dificultades que se atopa dito colectivo no ámbito da emancipación e compraventa de vivendas.

Fonte | Idealista