Segundo o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos, 8 de cada 10 vivendas en Galicia teñen unha baixa calificación enerxética | Observatorio de Vivenda

Segundo o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos, 8 de cada 10 vivendas en Galicia teñen unha baixa calificación enerxética

Segundo o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos, 8 de cada 10 vivendas en Galicia teñen unha baixa calificación enerxética

Segundo as cifras que manexa o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), cos últimos datos publicados de 2022, o 82% dos edificios en territorio español contan cunha calificación enerxética situada nas letras E, F o G, as 3 peores categorías, un 13% contan cunha nota D, e un 5% sitúanse nas tres mellores categorías. En total, máis de dez millóns de vivendas en España necesitan unha rehabilitación enerxética. Actualmente, o parque inmobiliario é o causante do 42% de todas as emisións de CO2 relacionadas coa enerxía. 

A inmensa maioría das vivendas foron construidas antes de 2006, ano no que aprobouse o Código Técnico da Edificación, o marco normativo que establece as esixencias básicas de calidade que deben cumprir os edificios. Gran parte dos fondos do Plan de Recuperación destinaranse a modernizar e aplicar un profundo lavado de cara ás vivendas. Dende a Unión Europea estase dando forma á nova Directiva de Eficiencia Enerxética da Edificación, e unha das medidas que estase estudando é a esixencia de que tódolos edificios que queiran ser vendidos ou alugados deberán ter un nivel de eficiencia enerxética superior ao nivel D. O obxectivo que se persigue é que antes de 2033 todos os edificios teñan este nivel D, e, como paso previo, que todos teñan o nivel E antes de 2030, co obxectivo final de chegar ao ano 2050 ao fin da descarbonización.

O pasado mes de decembro, o Consello, formado por 27 países da UE, e o Parlamento Europeo, chegaron a un acordo provisional que relaxa as esixencias aos países. Estes deberán garantir que todo o parque de vivendas residencial reduce o seu consumo enerxético medio un 16% até o 2030 e entre un 20 e un 22% para o 2035.

Fonte.- La Voz de Galicia