Segundo os datos do novo índice de alugueiro de vivenda do Ministerio, o 38% dos inquilinos pagan máis do aconsellable | Observatorio de Vivenda

Segundo os datos do novo índice de alugueiro de vivenda do Ministerio, o 38% dos inquilinos pagan máis do aconsellable

Segundo os datos do novo índice de alugueiro de vivenda do Ministerio, o 38% dos inquilinos pagan máis do aconsellable

Os datos do Índice de alugueiro de vivenda do Ministerio de Vivenda están elaborados a partir de declaracións do IRPF e outras fontes de información, e recollen os prezos medianos e os percentiles 25 e 75 de 23.000 seccións censales ata 2022. Os seus resultados evidencian a escalada de prezos en moitas cidades. Considerando os 424 distritos de localidades con máis de 100.000 habitantes, tan só en 1 non aumentou o prezo do alugueiro. 

Os sete distritos con maior prezo de alugueiro medio están en Madrid, e, en xeral, os 28 máis caros están en Madrid, Barcelona e arredores. Nestas zonas os prezos creceron arredor do 30% dende 2015. En Málaga e Valencia os prezos aínda quedan por baixo dos 10 euros por metro cadrado, pero son un 50% máis caros que en 2015. Existen subidas similares en Terrassa, Cádiz ou Palma. En todos estes casos o alugueiro creceu bastante máis que a renda da familia mediana española, que subiu un 27% entre 2015 e 2022. No caso contrario aparecen Córdoba, Burgos, Oviedo ou Xixón, onde a subida do alugueiro non chegou ao 20%.

O portal inmobiliario Idealista estima que os prezos subiron un 10% de media en España en 2023. Uns 3,6 millóns de familias viven en réxime de alugueiro en España, o 19% do total, segundo os datos da Enquisa de Condicións de Vida publicada esta semana. É unha opción máis habitual en parellas sen fillos (o 27%), familias monoparentais (30%) e familias numerosas (34%). Ademáis, o 38% dos fogares españois en alugueiro fai un esforzo alto e ten que investir máis do 30% dos seus ingresos na renda. Esa porcentaxe elévase ata o 52% no caso das familias monoparentais e o 64% dos adultos que viven sós. 

Fonte.- El País