Segundo os notarios, descenden a venda de vivendas e a firma de hipotecas pero suben os prezos | Observatorio de Vivenda

Segundo os notarios, descenden a venda de vivendas e a firma de hipotecas pero suben os prezos

Segundo os notarios, descenden a venda de vivendas e a firma de hipotecas pero suben os prezos

Segundo os datos publicados polos notarios, de forma oficial, no pasado exercicio do ano 2023 formalizáronse 640.451 compravendas de vivenda en España, un 11,2% menos que no ano anterior, mentres que foron 280.340 os préstamos hipotecarios constituídos, un 23,1% menos que en 2023. Con todo, o prezo medio das vendas aumentou, un 1,5% neste ano, chegando ata os 1.640€/m2.

A previsión previa ao ano 2023 era peor que os resultados que se obtiveron ao final. Nun escenario de incertidume económica e en plena escalada dos tipos de interese, a previsión foi un descenso das vendas en máis dun 20%, mentres que a previsión da firma de hipotecas si se aproximou ao resultado final. 

Nos datos por comunidades autónomas, obsérvase como tan só Asturias obtivo un resultado positivo, onde as compravendas de vivenda aumentaron un 1,4%. As comunidades onde o descenso foi máis acusado foron Baleares (-19,9%), Canarias (-16,8%), Madrid (-16,2%) e País Vasco (-15,7%), mentres que aquelas nas que o descenso foi menor foron Murcia (-5,2%), Castela-A Mancha (-4,6%) e Navarra (-2,5%). 

Nos préstamos hipotecarios o maior descenso situouse en Cantabria, un -25,5%, e en canto aos prezos, tan só Baleares (-0,4%) e Aragón (-0,3%) rexistraron unha caída. O maior aumento nos prezos foi en Navarra, un 13,7 máis.

Fonte.- Idealista