Subvencións do programa de infravivenda. Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Subvencións do programa de infravivenda. Xunta de Galicia.

Subvencións do programa de infravivenda. Xunta de Galicia.

 

Prazo de presentación: ABERTO 09/02/2022 - 01/06/2022

Obxecto

1. Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia que residan, en condicións de propietarias, nunha infravivenda e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade.

2. Así mesmo, estas subvencións terán por obxecto permitir aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes rehabilitar infravivendas do seu patrimonio municipal para destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nas bases reguladoras. Actuacións subvencionables . Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e vivendas, co obxecto de que estas consigan unhas mínimas condicións de habitabilidade. En concreto, serán subvencionables con cargo a este programa as actuacións que teñan por obxecto: – A reforma ou rehabilitación de elementos exteriores. – A mellora das condicións estruturais e de seguridade. – A mellora da accesibilidade da edificación ou das vivendas. – A mellora da habitabilidade. Dentro destas últimas, será subvencionable a execución de obras que eviten a entrada no edificio do gas radon ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

 

Actuacións subvencionables

 Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e vivendas, co obxecto de que estas consigan unhas mínimas condicións de habitabilidade. En concreto, serán subvencionables con cargo a este programa as actuacións que teñan por obxecto:

– A reforma ou rehabilitación de elementos exteriores.

– A mellora das condicións estruturais e de seguridade.

– A mellora da accesibilidade da edificación ou das vivendas.

– A mellora da habitabilidade. Dentro destas últimas, será subvencionable a execución de obras que eviten a entrada no edificio do gas radon ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

 

Requisitos

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data de publicación da presente convocatoria.

2. Para poder ser beneficiarios destas subvencións os concellos deberán cumprir a obrigación de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria, no que o seu prazo de presentación estivese vencido.

3. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Poderán ser beneficiarias deste programa as unidades de convivencia enumeradas no artigo 2 das bases reguladoras citadas no ordinal segundo desta resolución, sempre que cumpran os requisitos previstos no artigo 3 das devanditas bases reguladoras.

 

Fonte | Xunta de Galicia