A superficie do solo urbano edificado creceu en Galicia un 42% dende 2010 | Observatorio de Vivenda

A superficie do solo urbano edificado creceu en Galicia un 42% dende 2010

A superficie do solo urbano edificado creceu en Galicia un 42% dende 2010

Dende 2010, a superficie do solo urbano edificado rexistrou un incremento do 41,9 % en Galicia, o % máis elevado de toda España no mesmo periodo. Galicia sitúase actualmente na cuarta posición, moi pouco por debaixo de Valencia (en concreto, tan só 138 hectáreas por debaixo), e máis lonxe de Andalucía e Cataluña. Este crecemento contrasta co descenso demográfico dende o pico alcanzado en 2011. Unha das razóns que podería explicar esta situación é a dispersión poboacional, é dicir, aínda que decrece o número de habitantes, como a poboación tende a concentrarse nas áreas máis urbanas, existe unha tendencia a abandonar as áreas rurais, e polo tanto necesítase novo solo para edificar fronte a rehabilitar as zonas xa edificadas. 

No conxunto de España, a superficie das parcelas edificadas aumentou un 12,5% neste periodo dende 2010, ata chegar ata as 680.645 hectáreas ocupadas na actualidade. Galicia pasou de 49.800 hectáreas edificadas en 2010, ata 70.689 en 2022, segundo os datos da Dirección Xeral do Catastro e recollidos no informe "Perfil ambiental de España 2022" do Ministerio para a Transición Ecolóxica, e aumentou todavía máis en 2023, chegando ata as 72.224 hectáreas. Por detrás de Galicia, as comunidades nas que máis aumentou o solo edificado foron Asturias, cun 27,6%, Murcia, cun 26,2% e Extremadura, cun 20,2%. 

Neste periodo de tempo, Galicia tamén rexistrou un aumento na superficie calificada como parcela urbana, xa que incrementouse un 32% ata chegar a un total de 121.378 hectáreas, mentres que no conxunto de España produciuse un descenso neste apartado, en concreto dun 5,1%. Aínda que o peso demográfico de Galicia no conxunto de España é do 6%, o peso da superficie urbana construida alcanza o 11%.

Fonte.- Faro de Vigo