Turquía foi o país que sufriu un maior aumento dos prezos da vivenda na última década dos países membros da OCDE | Observatorio de Vivenda

Turquía foi o país que sufriu un maior aumento dos prezos da vivenda na última década dos países membros da OCDE

Turquía foi o país que sufriu un maior aumento dos prezos da vivenda na última década dos países membros da OCDE

Na maioría dos países da OCDE os prezos da vivenda subiron a taxas de dous díxitos entre 2015 e 2023. Hungría sufriu un crecemento do 166%, pero todavía hai un país cun incremento máis chamativo, Turquía. Os prezos turcos destacan especialmente, posto que se dispararon un 1.194% dende 2015, chegando a prezos á altura de cidades como París ou Londres. O maior aumento no país otomán sucedeu a partir da pandemia, cun aumento do 168% en 2022 e, posteriormente, do 76% en 2023. 

Os expertos atribúen a escalada de prezos tan importante en Turquía a múltiples razóns: a fluctuación da moeda, a devaluación da lira turca, as taxas de inflación máis altas e o consecuente aumento dos custos de construción e a crecente demanda despois da pandemia. Outro aspecto importante que destacan é o terremoto acontecido o ano pasado, que dispararía os prezos ao aumentar a oferta de vivendas en lugares máis seguros. A taxa de inflación en Turquía foi extremadamente alta, superior ao 50% durante todo o ano 2022, chegando a superar en outubro o 80%, non obstante, os prezos reais da vivenda axustados á inflación tamén subiron un 96,7% no terceiro trimestre de 2023 en comparación a 2015, segundo a OCDE. 

Entre os Estados membros da OCDE, Corea do Sur é o único que sufriu un descenso no nivel de prezos da vivenda, do 6%, seguido polos países do norte de Europa, Suecia ou Finlandia, que foron os que sufriron un menor incremento nos prezos da vivenda, preto do 4%. En Europa e EEUU os prezos da vivenda víronse afectados a finais de 2022, cando os bancos centrais destas economías empezaron a subir os tipos de interese para facer fronte á inflación, o que provocou un aumento dos tipos hipotecarios. 

Fonte.- EuroNews