Un estudo da fundación Rais afirma que a permanencia en vivendas ao uso das persoas sen fogar reduciría nun 50% a sobreutilización dos servizos de urxencias en España | Observatorio de Vivenda

Un estudo da fundación Rais afirma que a permanencia en vivendas ao uso das persoas sen fogar reduciría nun 50% a sobreutilización dos servizos de urxencias en España

Un estudo da fundación Rais afirma que a permanencia en vivendas ao uso das persoas sen fogar reduciría nun 50% a sobreutilización dos servizos de urxencias en España

Unha investigación francesa concluiu que o estado deixa de gastar 1.500 euros ao ano por cada persoa sen fogar aloxada nunha casa normalizada cos debidos apoios, en lugar de nun albergue. Así o afirmou o director do programa Habitat de RAIS Fundación, durante un debate, no que explicou que, en España, a súa entidade determinou que a permanencia en vivendas ao uso reduce un 50% a sobreutilización das urxencias hospitalarias por parte deste colectivo, en favor da atención primaria. Feitos relacionados con isto son os informes da ONU de 2017 e 2019 nos que insta a España a avanzar na desinstitucionalización do colectivo de persoas sen fogar. 

Fonte.- Servimedia