Un informe de Fotocasa indica que a demanda da vivenda en España mantéñese estable despois da pandemia  | Observatorio de Vivenda

Un informe de Fotocasa indica que a demanda da vivenda en España mantéñese estable despois da pandemia 

Un informe de Fotocasa indica que a demanda da vivenda en España mantéñese estable despois da pandemia 

Segundo o informe 'A demanda de vivenda despois da COVID-19' elaborado polo portal inmobiliario Fotocasa coa intención de coñecer de primeira man as consecuencias máis directas da situación provocada pola coronavirus na demanda de vivenda en España, o descenso rexistrado na demanda é bastante máis moderado do que en principio se podía pensar tanto no arrendamento como na compravenda. 

Antes da pandemia, un 14 % dos particulares entre 18 e 65 anos estaban buscando vivenda no mercado do alugueiro, agora este porcentaxe descendeu un punto porcentual ata o 13 %. En compravenda a baixada é maior, de dous puntos porcentuales, a diferencia vai dende o 15 % de particulares buscando casa en propiedade antes da pandemia ao 13 % que hai agora. 

Os demandantes de vivenda de antes da pandemia aos que nos atopamos agora son similares: 38 anos de media no caso dos demandantes precoronavirus fronte aos 40 anos dos que buscan agora. Respecto aos niveis socioeconómicos, as diferencias tampouco son moi importantes. En canto a situación laboral dos que quere acceder a unha vivenda, incrementouse lixeiramente a porcentaxe dos que traballan actualmente (un 62% pospandemia fronte ao 59% de antes) e reduciuse a dos parados (25% agora fronte ao 28% anterior). 

Os españois que están buscando vivenda no comezo da nova normalidade repártense por igual no mercado do alugueiro e no de compravenda, un 39 % en cada un deles, sendo o 22 % restante o que participou en ambos mercados. 

 

Fonte | Fotocasa