Un informe elaborado conxuntamente por Fotocasa e InfoJobs mostra que os españois pasan de destinar do 28% ao 40% do seu salario ao pago do alugueiro en cinco anos | Observatorio de Vivenda

Un informe elaborado conxuntamente por Fotocasa e InfoJobs mostra que os españois pasan de destinar do 28% ao 40% do seu salario ao pago do alugueiro en cinco anos

Un informe elaborado conxuntamente por Fotocasa e InfoJobs mostra que os españois pasan de destinar do 28% ao 40% do seu salario ao pago do alugueiro en cinco anos

Segundo datos do estudo 'Relación de salarios e vivenda en alugueiro en 2019' elaborado cos datos do Índice Inmobiliario Fotocasa e da plataforma de emprego InfoJobs, o español medio destinou en 2019 o 40% dos seus ingresos a pagar ao alugueiro da súa vivenda, 6 puntos máis que no ano 2018 (34%). 

Nos últimos cinco anos, dende 2015 a 2019, a cantidade de salario mensual destinado ao pago do alugueiro aumentou 11,5 puntos de media en España. En 2015 os españois destinaban o 28% da súa nómina mensual para pagar un piso de alugueiro de 80 metros cadrados, un 31% en 2016, un 34% en 2018 e ata un 40% en 2019. O prezo da vivenda en alugueiro en España pechou 2019 cun incremento anual do 5,1% e situou o prezo de decembro en 10,18 euros/m2 ao mes. Isto supón, tendo en conta o salario bruto promedio en España rexistrado en InfoJobs, que en 2019 era de 24.483 euros, que os españois tiveron que destinar o 40% da súa nómina mensual ao arrendamento dunha vivenda de 80 m2. 

Analizando os incrementos porcentuais acumulados nos últimos cinco anos, o prezo medio do metro cadrado da vivenda en alugueiro aumentou un 45% en España, mentres que os salarios medios españois apenas se incrementaron un 3,4% dende o 2015. 

En canto as Comunidades Autónomas que máis salario destinan ao pago da vivenda en alugueiro en 2019, tres destacan sobre as demáis destinando máis da metado do salario ao alugueiro da vivenda. Así, Cataluña, en primeira posición, ten que destinar o 56,5% do seu salario bruto mensual ao pago do alugueiro; Madrid ten que destinar o 55,7%; e o País Vasco, en terceira posición, ten que destinar o 51,3%. No lado oposto, Extremadura repite como a comunidade que conta con alugueiros máis económicos cun prezo medio de 394 euros mensuais para un piso de 80 m2 e un salario bruto promedio de 1.925 euros ao mes, os extremeños teñen que destinar o 20,4% do seu soldo ao pago da súa vivenda de alugueiro. 

 

Fonte | Fotocasa