Unhas dez millóns de vivendas en España necesitan unha rehabilitación para acadar os obxectivos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima | Observatorio de Vivenda

Unhas dez millóns de vivendas en España necesitan unha rehabilitación para acadar os obxectivos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima

Unhas dez millóns de vivendas en España necesitan unha rehabilitación para acadar os obxectivos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima

O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) ten como obxectivo europeo acadar a neutralidade de emisións no 2050. O 75 % das 25,5 millóns de vivendas que forman o parque inmobiliario español construíronse antes da entrada en vigor da primeira directiva europea sobre eficiencia enerxética, no ano 1979, e o 80 % deses edificios seguirá en pé en 2050.

Polo tanto, España ten unha necesidade de renovar o parque actual, que conta con miles de pisos edificados nos anos 70 e 80. En concreto, en torno a dez millóns de vivendas necesitan unha rehabilitación para acadar os obxectivos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC). 

O ano pasado rehabilitáronse 31.000 vivendas en España, unha cifra moi baixa respecto da media de renovación e rehabilitación que se leva a cabo na media dos países da Unión Europea. Para acadar os obxectivos do Plan habería que multiplicar por dez as vivendas habilitadas ao ano. 

 

Fonte | El Español