A venda de casas sube un 6,8% en agosto, a primeira cifra positiva do ano | Observatorio de Vivenda

A venda de casas sube un 6,8% en agosto, a primeira cifra positiva do ano

A venda de casas sube un 6,8% en agosto, a primeira cifra positiva do ano

De acordo coas estatísticas notariais, en agosto se firmaron 33.201 compras de vivenda, unha cifra que non é alta en termos absolutos porque agosto é, tradicionalmente, tempo de pouca actividade; pero sí supón un aumento do 6,8% con respecto ao mesmo período de 2019. Un incremento significativo, xa que é a primeira suba interanual non só dende que empezou a pandemia, senón dende o pasado outubro.

Nalgúns segmentos como o de obra nova ou os unifamiliares, as vendas disparáronse respecto fai 12 meses, aínda que o que non cambiou foi a tendencia dos prezos, cuxa caída seguiu aumentando (-7,3%).

Para atopar unha suba do mercado tan robusta na estatística notarial, hai que remontarse a decembro de 2018, cando as vendas creceron un 7,1% interanual, xa que durante a pandemia a venda de vivenda retrocedeu case un 40% en marzo, rozou o 70% en abril e superou o 50% en maio. En xuño, cando se superou o estado de alarma, as caídas moderáronse ao 20% e en xullo xa eran apenas do 2,2%.

A recuperación non é homoxénea en todos os segmentos que comprende a vivenda: a estatística reflicte un crecemento robusto nas vendas de casas unifamiliares (9.636 operacións, un 24,6% máis que doce meses antes), mentres que nos pisos en bloque, o rebote é de apenas un 0,9%, sendo o mercado principal o da vivenda de nova construcción.

O que non variou en agosto é a tendencia descendente dos prezos: os 1.271 euros por metro cadrado que, como media, costaban as vivendas vendidas sitúase un 7,3% por debaixo do importe medio de agosto de 2019.

Fonte | El País