A venda de vivendas en 2020 incrementouse na metade dos concellos galegos impulsada pola Covid-19 | Observatorio de Vivenda

A venda de vivendas en 2020 incrementouse na metade dos concellos galegos impulsada pola Covid-19

A venda de vivendas en 2020 incrementouse na metade dos concellos galegos impulsada pola Covid-19

A revitalización do mercado inmobiliario no rural chegou para quedarse na Galiza: a pesar de que as sete grandes urbes perderon ventas de casas con respecto a 2019, en xeral houbo ascensos en concellos limítrofes con vivendas unifamiliares e máis espazo para vivir e teletraballar.

Vigo, por exemplo, precipitouse nunhas 400 compras en relación ao ano anterior, mentres que na Coruña a caída foi similar, sendo Ferrol (con 43 acordos por debaixo) e Ourense (con 52) as que menos se resentiron.

Así, a xente non busca en calquera sitio, vai á periferia e área metropolitana das cidades co afin de dispoñer de servizos e por iso as grandes curvas ascendentes nótanse en puntos como Nigrán (de 124 a 176); San Cibrao das Viñas ( de 38 a 44); Viveiro (de 156 a 184) e Oleiros (de 354  424).

Aliás, con boas comunicacións con Pontevedra interesan O Porriño, Nigrán, Cangas, Sanxenxo e Baiona e no caso da Coruña e Compostela toman forza Arteixo, Oleiros, Ames, Muros e Ribeira. En Lugo ten éxito Monforte, Viveiro, Ribadeo, Foz e Burela.

Fonte | Nos Diario