A venda de vivendas en Canada subíu un 8,7% intermensual en decembro, segundo a Asociación Inmobiliaria Canadense | Observatorio de Vivenda

A venda de vivendas en Canada subíu un 8,7% intermensual en decembro, segundo a Asociación Inmobiliaria Canadense

A venda de vivendas en Canada subíu un 8,7% intermensual en decembro, segundo a Asociación Inmobiliaria Canadense

Segundo a Asociación Inmobiliaria Canadiense, a venda de vivendas en Canadá aumentou en decembro por primeira vez dende xuño, un 8,7% intermensual, a raíz da previsión sobre a baixada nos costes de financiación. Isto, sumado á caída no rendemento dos bonos que ocorreu nos últimos meses do ano, provocou unha caída nos costes das hipotecas a tipo fixo. O prezo de referencia nacional sitúase na actualidade un 13% por debaixo do prezo máximo alcanzado en 2022, e xunto co aumento dos salarios, moitas persoas ven a oportunidade para invertir nunha vivenda. A pesar diso, o economista Marc Desormeaux sinalou que as cifras de vendas atópanse un 30% por baixo dos niveis alcanzados entre xaneiro e xuño, cando tamén se prevía unha baixada nos tipos de interese.

Durante o ano, as vendas caeron un 11,1%, ata chegar ás 443.511 unidades, o que converte a 2023 no peor ano para o sector inmobiliario dende 2008. A previsión para 2024 é máis positiva, cun crecemento nas vendas do 10,4% fronte a datos do ano anterior, coa baixada de intereses favorecendo a actividade no mercado. Coa capacidade de acceso á vivenda en mínimos no país, prevese que o Banco Central de Canadá baixe os tipos en 100 puntos a medida que a actividade do sector vaia diminuindo. Isto xeraría unha subida nos prezos das vivendas a longo prazo, aínda que diminúen os riscos para o crecemento. 

Fonte.- Idealista