Vigo é a novena cidade de España que esixe un maior esforzo para mercar un piso, de acordo con Fotocasa | Observatorio de Vivenda

Vigo é a novena cidade de España que esixe un maior esforzo para mercar un piso, de acordo con Fotocasa

Vigo é a novena cidade de España que esixe un maior esforzo para mercar un piso, de acordo con Fotocasa

Segundo o último Índice Inmobiliario publicado por Fotocasa, os vigueses teñen que dedicar o salario bruto de 6,7 anos ao pago da hipoteca dunha vivenda mercada en 2023. Supera á media galega, que se sitúa en 5,5 anos, é o dato máis alto de Galicia, e o noveno en relación ás cidades de España, das que destacan Mallorca e Madrid, que superan os 11 anos de esforzo financeiro. Este estudo denomínase "Relación de salarios e a compra de vivenda en 2023", e está baseado nos datos dos salarios medios das ofertas de emprego da plataforma InfoJobs e nos prezos medios da vivenda de segunda man de Fotocasa.

A explicación semella ser dobre: o prezo medio dun piso é máis elevado que no resto de Galicia (un piso de 80 metros cadrado custa de media 164.842 €, o dato máis elevado da comunidade), e os salarios son máis baixos en promedio que en Ourense, Lugo e A Coruña (24.484 €). En 2023, o prezo da vivenda en Galicia pechou cun incremento anual do 2,6%, situándose o prezo en 1.720 €/m2, e cun salario bruto medio rexistrado de 25.069 €. 

En comparación ao resto de provincias de Galicia, en A Coruña destínase actualmente 5 anos ao pago dunha hipoteca, mentres que en Lugo e Ourense sitúase en torno aos catro, polo que o dato de Vigo (6,7 anos) é o maior con diferencia, e o único que supera a media de Galicia en conxunto (5,5 anos). 

Fonte.- Atlántico