Vigo e outras 14 cidades alíanse para reclamar ás institucións públicas frear o aumento dos prezos dos alugueiros | Observatorio de Vivenda

Vigo e outras 14 cidades alíanse para reclamar ás institucións públicas frear o aumento dos prezos dos alugueiros

Vigo e outras 14 cidades alíanse para reclamar ás institucións públicas frear o aumento dos prezos dos alugueiros

A Favec (Federación de Asociacións Vecinais de Vigo Eduardo Chao) suscribe unha declaración con decenas de reclamacións ao Ministerio de Vivenda e Axencia Urbana no que urxen a aplicación da Lei de Vivenda e a regulación das vivendas de uso turístico. Esta declaración está suscrita por entidades de diversas cidades do Estado: Vigo, Madrid, Barcelona, Valencia, Córdoba, Zaragoza, Palma de Mallorca, Sevilla, Málaga, Murcia, Valladolid, Xixón, A Coruña, Elche e Bilbao.

Esta declaración conxunta recolle as conclusións do III Encontro veciñal de grandes cidades, organizado pola CEAV en Barcelona o 11 de novembro de 2023, e apunta que os retos da vivenda nas grandes cidades son seis: combater a especulación, evitar a xentrificación ou expulsión da poboación, actualizar as plusvalías urbanas, fiscalizar o mercado global, recuperar o papel dos poderes públicos e incrementar os investimentos públicos en vivenda para facilitar o acceso a unha. 

Entre todas as peticións, destacan a aplicación da Lei de Vivenda, que permite limitar os alugueiros en zonas tensionadas, e a regulación e limitación dos alugueiros de uso turístico, alugueiro temporal e de usos comerciais, ou a creación dun rexistro municipal de vivenda baleira en municipios de máis de 50.000 habitantes ou establecer unha taxa autonómica ao turismo nas áreas de mercado tensionado. Tamén se pide aumentar os porcentaxes de vivenda protexida, a prohibición en usos residenciais das vivendas de uso turístico, ou a construción dun parque de vivenda alcanzable de alugueiro do 20% e doutro de emerxencia destinado á extrema vulnerabilidade, entre outras cousas. 

Fonte.- Faro de Vigo