Vimianzo abre as portas da primeira vivenda de acollida | Observatorio de Vivenda

Vimianzo abre as portas da primeira vivenda de acollida

Vimianzo abre as portas da primeira vivenda de acollida

O pasado venres, abríronse as portas da primeira vivenda acollida habilitada no casco urbano de Vimianzo, a cal é froito da suma de esforzos do Concello e Cáritas para impulsar a integración social. Foi unha xornada para dar a coñecer o resultado de meses de rehabilitación e equipamento dunha casa que inicialmente acollerá, a partir do 1 de setembro, a unha familia de refuxiados sirios con cinco fillos.

Foi necesario renovar o tellado, as fiestras, a cociña e os pavimentos interiores, ademais de equipala con mobiliario, que foi doado por veciños da zona. 

O proxecto é unha nova medida social que se suma a outras como as axudas ao estudantado, que se incrementaron en 15.700 euros.

Fonte| El Correo Gallego