A vivenda nova tan só representa o 12% da compravenda nos últimos vinte anos na zona de Deza-Tabeirós | Observatorio de Vivenda

A vivenda nova tan só representa o 12% da compravenda nos últimos vinte anos na zona de Deza-Tabeirós

A vivenda nova tan só representa o 12% da compravenda nos últimos vinte anos na zona de Deza-Tabeirós

O estalido da burbulla inmobiliaria provocou hai 15 anos a quebra de numerosas promotoras nunhas comarcas nas que este sector daba traballo a centenares de persoas. Isto provocou un descenso na actividade inmobiliaria e da construción que perdura ata hoxe en día. A oferta de vivenda nova na zona Deza-Tabeirós está practicamente esgotada; tan só o 12 % das transaccións nos últimos 20 anos corresponden a este tipo de vivendas, pero centrando o análise tan só en 2023, o resultado varía ata o 4%, polo que o 96% restante corresponde a transaccións de inmobles de segunda man. Estes datos mesmo poden están afectados principalmente pola influencia de Lalín, que se mantivo como un mercado relativamente dinámico para o sector en comparación ao resto de concellos da zona. 

Nestas dúas décadas na cabeceira comarcal dezana rexistráronse un total de 1.522 transaccións, das que 328 foron para vivendas a estrear (o 21,6 %). Na Estrada vendéronse 772 (67 novas) e só 29 das 522 operacións pechadas en Silleda. Unha decena das residencias mobilizadas en Vila de Cruces non estiveran ocupadas antes, dentro dun balance total de 150 vendas. En Rodeiro comercializáronse 64 (só unha nova), idéntico resultado que amosa Agolada, municipio no que houbo 125 transaccións. O balance de Dozón, con 21 compravendas, implica unha media dunha ao ano e neste caso todas corresponden ao mercado de segunda man. En Forcarei inscribíronse no censo de compravendas un total de 147 fogares residenciais, só dúas novas, mentres que en Cerdedo-Cotobade foron oito dun total de 301 vivendas. 

Entre o 2013 e o 2023 vendéronse nas comarcas un total de 3.624 vivendas, das cales tan só 446 foron novas. A actividade no sector mantívose, despois de reactivarse tras un período de seca, pero case sempre no contexto de inmobles de segunda man. Mesmo 2021 foi o mellor ano das últimas dúas décadas, cando nas comarcas vendéronse 513 fogares, case o dobre dos que o ministerio contabilizou en 2013 e por encima desta cifra ao ano seguinte. Posteriormente, tanto en 2022 como en 2023, o mercado volveu caer e o balance foi de 443 e 454 operacións. Lalín mantívose como o concello máis dinámico, debido principalmente ao aumento da demanda de vivenda pola chegada de migrantes. 

Fonte.- Faro de Vigo