As vivendas de uso vacacional supoñen xa o 60% da oferta de prazas turísticas en Pontevedra | Observatorio de Vivenda

As vivendas de uso vacacional supoñen xa o 60% da oferta de prazas turísticas en Pontevedra

As vivendas de uso vacacional supoñen xa o 60% da oferta de prazas turísticas en Pontevedra

Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), na cidade de Pontevedra en 2020 eran 2.200 prazas de aloxamento turístico as ofrecidas, das cales 1.130 eran dos 16 hoteis censados na cidade. Na actualidade, o número de prazas de aloxamento turístico é de 4.100, practicamente o dobre que en 2020, pero este aumento débese principalmente ao aumento das Vivendas de Uso Turístico. No ano 2020 eran 147 os pisos de uso turístico en Pontevedra, polas 457 vivendas que están censadas actualmente. 

A oferta de aloxamentos en hoteis supoñía a metade de toda a oferta vacacional, mentres que na actualidade tan só ocupa o 26% da oferta total, cando as vivendas de uso turístico abarcan xa o 60% dos espazos dispoñibles para turistas. Este fenómeno rexistrase dende fai varios anos, pero nos últimos incidiu de forma especial no mercado do alugueiro a través dunha drástica redución da oferta e un aumento dos prezos. Dende a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, atribúen este aumento no número de vivendas turísticas a que moitos propietarios optan por esta modalidade ante a inseguridade sobre a nova Lei de Vivenda, e co obxectivo de maximizar os seus beneficios. 

O IGE sinala que son 43.800 prazas de uso turístico as dispoñibles a día de hoxe na comarca de Pontevedra, das cales 11.700 son de hoteis, unhas 2.000 en pensións, 840 en albergues, 400 en turismo rural, 3.300 en campings e campamentos, 3.400 en apartamentos turísticos, 210 en vivendas turísticas, e 21.900 en Vivendas de Uso Turístico. A gran importancia que adquiriron as VUT é motivo importante do notable aumento da oferta global no últimos cinco anos, xa que en 2020 eran 33.100 as camas dispoñibles nos 14 municipios de Pontevedra e a súa contorna. Eran case 11.000 menos que agora, e esa diferenza concéntrase case na súa totalidade nas VUT, posto que en 2020 este sistema de aloxamento ofrecía 11.000 prazas, e agora son case 21.900. 

Fonte.- Faro de Vigo