As vivendas turísticas dificultan o mercado do alugueiro nos concellos do Camiño Francés | Observatorio de Vivenda

As vivendas turísticas dificultan o mercado do alugueiro nos concellos do Camiño Francés

As vivendas turísticas dificultan o mercado do alugueiro nos concellos do Camiño Francés

Os mercados de alugueiro tensionados non se dan tan só nas grandes cidades, senón tamén nos concellos polos que discorre o Camiño Francés ata Compostela, é dicir, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino. Persoas que buscan piso para traballar, os edís dos municipios, a veciñanza e o Instituto de Estudos Ulloáns, advirten da situación que sofre o mercado da vivenda nestas zonas, onde é moi difícil atopar pisos en alugueiro, motivada principalmente polo gran número de peregrinos e peregrinas e o número de vivendas baleiras. 

Segundo os datos do IGE, nestes concellos hai un total de 43.891 habitantes, mentres que o censo de vivendas, tamén do IGE, cita 36.442 vivendas, das cales 7.024 están baleiras, o que supón o 16% do parque inmobiliario da zona. A falta de oferta provoca un aumento no nivel de prezos que fai máis complicado atopar unha vivenda asequible. Por exemplo, unha vivenda de alugueiro en Melide pasou de 250 a 350 euros ao mes en poucos anos. O tenente alcalde deste concello aclara que esta situación débese, en parte polo camiño, pero tamén polo aumento da poboación, en moitos casos de Latinoamérica que atopan traballo na zona. No caso de Arzúa, a concelleira de Turismo afirma que o motivo polo cal a oferta en alugueiro é tan baixa é por ser un punto estratéxico, con moita masificación turística e o 80% dos pisos estanse destinando a vivendas turísticas. 

Fonte.- Nos Diario