A xustiza europea respalda a limitación de pisos turísticos para combatir a escaseza de alugueiros | Observatorio de Vivenda

A xustiza europea respalda a limitación de pisos turísticos para combatir a escaseza de alugueiros

A xustiza europea respalda a limitación de pisos turísticos para combatir a escaseza de alugueiros

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) dictaminou nunha sentenza publicada esta semá que limitar os apartamentos turísticos para evitar que perxudiquen ao mercado do alugueiro residencial é legal en Europa, de forma que ter unha normativa para someter as licencias de pisos turísticos a autorización previa está xustificada.

A orixe da sentenza atópase nun litixio que comezou en Francia en 2017, país no que existe unha normativa (o Código de Construcción e da Vivenda) que establece que os Concellos con máis de 200.000 habitantes e todos aqueles situados nos tres distritos limítrofes con París poden condicionar a autorización previa o cambio de uso dun inmoble e é a xunta municipal a encargada, mediante acordo, de establecer en cada barrio ou distrito, baixo que condicións se establecen as licencias e qué compensacións son esixibles.

Para o TXUE, dita norma é compatible coa directiva europea de servizos no mercado interior, que é a que se aplica para os arrendamentos turísticos posto que estos se entenden coma un servizo. Non obstante, o TXUE sinala que corresponde ao xuíz nacional comprobar se a proporcionalidade dos requisitos e compensacións que esixen as autoridades municipais constitúen unha resposta efectiva á escaseza de alugueiros residenciais e se se adapta ás condicións do mercado de arrendamentos. 

Fonte | El País